Trazando o rumbo para 2011

Share Button

En días pasados adicamos senllas entradas a facer un balance do que supuxo o ano 2010 para esta web, tanto en actividade como en número de visitas. Hoxe queremos adicar unhas liñas a anticipar qué agardamos ofrecerche aquí no ano 2011.

Como sabes, 2011 é ano electoral. O domingo 22 de maio terán lugar as Eleccións Municipais nos concellos de toda España. É lóxico prever, polo tanto, que durante os primeiros cinco meses do ano esta páxina adicarase, en boa medida, a facer balance do que está sendo a actual lexislatura, a difundir o proxecto que @s socialistas de Cariño estamos preparando para os vindeiros catro anos e a ofrecer un seguimento de todo o traballo de precampaña e campaña electoral.

Para nós os vindeiros meses teñen, pois, unha significación especial. Somos a principal referencia na política cariñesa. A forza política que gobernou máis tempo en Cariño dende a creación do Concello. A única opción política que mantén unha presencia en internet digna e transparente. Somos, en fin, unha Agrupación Local Socialista que mantivo sempre unha liña de actuación sólida, responsable e coherente. Temos, así pois, plena consciencia de atoparnos ante un novo reto ante o cal queremos seguir respostando cos nosos sinais de identidade.

Nas vindeiras semanas irás atopando aquí información e novidades que agardamos resulten do seu interese. No que atinxe á estructura e contidos da web, temos xa deseñadas tres novas seccións ou tipos de contidos que actualizaremos periodicamente. A primeira delas será unha sección de recomendacións ou suxerencias. Como sabes, é frecuente que recomendemos aquí lecturas, páxinas web, etc. A partir de agora, queremos facelo de xeito máis organizado, frecuente e diversificado, de aí a creación desta sección de suxerencias na que, con periodicidade semanal, iremos recomendando libros, revistas, páxinas web, filmes, documentais, música… Porque non todo quen que ser política!  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.