¿Para cando a consulta diaria de pediatría?

Share Button

A Xunta de Galicia segue sen ofrecer unha solución á xusta demanda dunha consulta diaria de pediatría no Centro de Saúde de Cariño. Hoxe La Voz de Galicia publicou unha nova sobre esta reivindicación de toda a sociedade cariñesa, á que vimos prestando o noso apoio incondicional. Dende o 20 de febreiro de 2010, que publicamos nesta web a primeira entrada sobre este asunto, foron bastantes as ocasións nas que tivemos ocasión de voltar sobre el; destacaríamos, entre outras entradas, a que publicamos o 18 de outubro baixo o título Seguimos sen pediatra.

Alí referiamonos, entre outras cousas, á aprobación no Pleno do Concello dunha proposta do Goberno Municipal para trasladar ó Sergas as máis de 1300 sinaturas recollidas polas nais de Cariño e apoiar as súas reinvidicacións. Esta proposta contou co respaldo das tres forzas políticas que compoñen a corporación municipal cariñesa. É importante destacar que esta iniciativa que, insistimos, contou co respaldo d@s 11 concelleir@s que compoñen a corporación, aínda non recibíu resposta oficial, o cal amosa a escasa sensibilidade da administración autonómica neste tema e a súa querencia por facer política a través de cauces non oficiais.

As nais cariñesas teñen toda a razón. A súa demanda ten unha lóxica incontestable. A Xunta de Galicia non pode seguir facendo oídos xordos.

Podes consultar aquí a nova publicada hoxe en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/01/11/0003_8957531.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.