Xuntanza de Costa Noroeste

Share Button

O pasado luns 20 de xullo celebrouse na Sala de Comisións do Concello de Ferrol a primeira sesión ordinaria da Xunta Directiva do Grupo de Desenvolvemento Rural Asociación Costa Noroeste. Na orde do día deste primeiro cónclave figuraban, entre outros puntos, a modificación de cargos.

O Alcalde de Cariño, José Miguel Alonso Pumar, entrou a formar parte da Xunta Directiva en condición de Voceiro, segundo vén de anunciar a institución municipal a través da súa páxina de Facebook.

O Concello informa tamén de que nos vindeiros meses, e cun ano de retraso sobre o calendario previsto, abrirase o novo período de financiación europea 2014-2020. Desde a institución municipal ofrecerase información puntual ó respecto, presentando especial atención ás posibilidades de emprender proxectos productivos acolléndose a algunha destas axudas.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.