A Mariña – Ortegal: Xornada sobre a Estratexia de Desenvolvemento Local Participativo

Share Button

Tal como vén de anunciar o Concello de Cariño, o vindeiro mércores 1 de xuño ás 19 horas terá lugar no Local Social da Casa do Concello unha Xornada de Divulgación da Estratexia de Desenvolvemento Local do Grupo de Acción Local Pesqueira (GALP), que leva por título Mares de oportunidades para o desenvolvemento sostible dos pobos pesqueiros da Mariña-Ortegal. Con seguridade será un evento de especial interese, polo que animámoste a asistir.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.