Campaña electoral para un cambio necesario

Share Button

altA campaña electoral para as eleccións xerais do 26 de xuño atravesou xa o seu ecuador e disponse a afrontar uns intensos últimos días que se antollan decisivos.

O pasado domingo 12 de xuño tivo lugar en Ortigueira un mítin comarcal do noso partido no que participaron, entre outros, o candidato socialista ó Senado Ángel Mato e o candidato á Xunta de Galicia Xaquín Fernández Leiceaga.

Un día despois, o luns 13, celebrouse o debate televisado entre os candidatos das catro forzas principais que concorren a estas eleccións. Entre un Rajoy inmovilista que non ofrece nada novo e un Pablo Iglesias que cambia diariamente a súa faciana, o candidato socialista Pedro Sánchez desgranou as medidas principais do proxecto integrador e de cambio que leva meses defendendo. Días despois, este xoves 16 de xuño, a campaña de Sánchez recalou en Galicia, coa celebración de mítins en Pontevedra e Vigo (na foto que acompaña a esta entrada), entre outros actos públicos.

Despois de meses dun bloqueo político e institucional cuxa vítima principal é a maioría social traballadora (ou que quere traballar e non pode), o cambio político faise imprescindible. O PSOE está chamado a ser o axente principal dese cambio. Non en van, é a forza política que protagonizou tódolos avances sociais deste país na actual etapa democrática. Dende a Agrupación Socialista de Cariño imos a continuar achegando o noso gran de area nestes últimos días de campaña para facelo posible: a xente necesítao.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.