594.359,47 euros nos bancos mentres a gardería pecha

Share Button

Por se alguén dubida da veracidade das nosas afirmacións, reproducimos aquí un documento oficial do Concello de Cariño, con data de hai uns días (22 de marzo de 2012), no que se reflexa que a institución municipal dispón de 594.359,47 euros en distintas contas bancarias (case 100 millóns das antigas pesetas). Con case 600.000 euros nos bancos, o actual goberno do BNG está disposto a deixar morrer a gardería de Cariño por non aportar 3.000 ou 4.000 euros máis de subvención anual. Que cada quen saque as súas propias conclusións.

No documento aparecen tachados os números de conta bancaria, pois, non sendo relevantes para este debate, consideramos preferible que non aparezan en internet.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.