Prosegue a renovación no PSOE: cara o Congreso Provincial

Share Button

O pasado sábado 14 de abril celebrouse na Coruña o Comité Provincial do noso partido, que tivo como cometido principal convocar o vindeiro Congreso Provincial, a celebrar na mentada cidade o vindeiro sábado 2 de xuño.

O actual Secretario Xeral da provincia, o expresidente da Deputación Salvador Fernández Moreda, anunciou que non repetirá como candidato, favorecendo, polo tanto, a apertura dunha nova etapa. Unidade e renovación foron ideas principais no seu discurso.

O exministro de xustiza, Francisco Caamaño, xa confirmou a súa intención de competir pola Secretaría Xeral. A candidatura alternativa podería estar liderada polo deputado autonómico José Manuel Lage Tuñas, que xa no anterior congreso provincial competíu con Fernández Moreda. Sen embargo, fontes do partido non descartan que se acade unha candidatura de unidade.

No mes de maio celebraranse as asambleas nas agrupacións para elexir os delegados ó congreso provincial. Rematado este proceso, será o turno dos congresos locais. Prosegue a renovación no PSOE.

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.