Tal como informa o Concello na súa páxina web, onte deu comezo o curso de galego para adultos (Celga 3), que se impartirá nas aulas do Instituto de Ensino Secundario Cabo Ortegal en horario de tarde (de
Este curso prevese que remate o día 3 de xuño e consta de 75 horas formativas. Está organizado polo Servizo de Normalización Lingüística do Concello de Cariño, contando coa financiación da Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta de Galicia.
Dende o Concello de Cariño lémbrase ás personas interesadas en asistir que aínda están a tempo de inscribirse no mesmo. Poden facelo nas oficinas do Concello ou ben no teléfono 981 40 50 64. O prazo finaliza o xoves 25 de marzo. Non é obrigatorio ter os cursos previos.
Fonte: http://www.concellocarino.org/aodia/nova.php?id=1210&lg=gal