A Asamblea ratifica a candidatura de Armada Castro

Share Button

A Agrupación Socialista de Cariño celebrou na tarde de onte a Asamblea para elexir o candidato do partido ás vindeiras eleccións municipais. Previamente a Executiva local adoptara por unanimidade o acordo de propor como candidato a José Luis Armada Castro, actual Alcalde de Cariño.

A Asamblea contou cunha ampla participación e a militancia ratificou, mediante voto en urna, a proposta da Executiva. Non se rexistraron candidaturas alternativas. Mañá o acordo será remitido ás instancias superiores do partido. Na actualidade estamos xa traballando para completar o resto da candidatura, que agardamos ter pechada proximamente.

Con esta decisión, a Agrupación Socialista de Cariño resolvemos de maneira democrática e consensuada o liderato da nosa candidatura ás vindeiras eleccións municipais. O noso candidato José Luis Armada foi, entre 1982 e 1988, Presidente da Asociación de Veciños que promoveu a segregación de Ortigueira e a conseguinte creación do Concello de Cariño. Convertíuse no primeiro Alcalde do novo Concello, cargo que desempeñou entre 1988 e 1995, gañando as eleccións de 1991 con maioría absoluta. Recuperou a Alcaldía no ano 2003 e revalidouna no 2007. As catro lexislaturas que foi Alcalde de Cariño fíxoo como forza máis votada. Tamén desempeñou, en dúas lexislaturas (1995-1999 e 2003-2007), o cargo de Deputado Provincial.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.