Reivindicando o servizo diario de pediatría: novos pasos

Share Button

Tal como informaron esta fin de semana os xornais Diario de Ferrol e La Voz de Galicia, unha representación do colectivo de nais cariñesas reuníuse o pasado venres na Casa do Concello co Alcalde, José Luis Armada, para analizar os posibles pasos a seguir na reivindicación dunha consulta diaria de pediatría no Centro de Saúde de Cariño.

Na reunión acordouse que o Concello solicite á Área Sanitaria de Ferrol e ó Sergas unha resposta ó escrito que a institución municipal remitíulles hai meses comunicando un acordo plenario -ratificado pola totalidade das forzas políticas- no que se apoiaba esta reivindicación da sociedade cariñesa e trasladábanse a ditas instancias as máis de 1300 sinaturas recollidas polas nais cariñesas.

O acordo plenario, a carta oficial do Concello dando conta do mesmo e as máis de 1300 sinaturas expresan unha unánime e xusta reivindicación da sociedade cariñesa. Sen embargo, dita iniciativa aínda non recibíu resposta oficial, o que resulta difícil de comprender tratándose dun asunto tan importante e que suscita fonda preocupación.  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.