Avanzan as obras de renovación dos parques infantís

Share Button

Os medios de comunicación informaron hoxe sobre o avance das obras de renovación que están a acometerse nos tres parques infantís do paseo marítimo. En concreto, o situado máis perto da rotonda do porto quedará aberto esta fin de semana.

Os traballos realizados consistiron na reposición do mobiliario deteriorado, na renovación do chan e na mellora da seguridade do recinto.

Actualmente estase xa a traballar no parque situado na zona central do paseo marítimo. A actuación rematará coa reparación do ubicado nas inmediacións da Casa de Cultura.

O Concello invertíu 70.000 euros na adaptación destas instalacións á normativa vixente.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.