Primeiros pasos dun novo proxecto

Share Button

Estamos en ano electoral e elo esperta a curiosidade dos medios de comunicación, que procuran sempre ofrecer a primicia. Hoxe La Voz de Galicia publica que o noso Alcalde, José Luis Armada, repetirá como cabeza de cartel do noso partido ás eleccións do 22 de maio.

En realidade, a decisión someterase a ratificación na asamblea da Agrupación Socialista de Cariño que celebraremos o vindeiro sábado, na que agardamos un alto grao de consenso en torno á candidatura do noso compañeiro José Luis Armada.

Con esta decisión, o noso partido volve a amosar a súa capacidade organizativa e convértese na primeira opción en desvelar o nome do seu candidato e lanzar o seu novo proxecto para as eleccións municipais.

Baixo un liderazgo sólido e experimentado, @s socialistas de Cariño estamos a preparar un proxecto renovado que implicará unha importante actualización das liñas programáticasnovas modalidades de xestión e novas prácticas de comunicación e participación.

Os vindeiros meses queremos adicalos a que coñezas a fondo os detalles deste novo proxecto, que agardamos mereza a túa confianza. Queremos gañar as eleccións, pero, sobre todo, queremos gañar convencendo, informando, dialogando, fomentando a participación. Porque o futuro de Cariño debemos facelo entre tod@s.

Podes ler a nova de La Voz de Galicia aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/01/13/0003_8961613.htm  

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.