A campaña entra na súa recta final

Share Button

Quedan apenas tres días para que remate a campaña electoral. Despois dunha fin de semana moi intensa, con catro mítines entre venres e domingo, retoque da pegada de carteis e reparto de material, proseguimos coa distribución do Boletín e do programa.

Hai tamén dúas citas por diante que quizais resulten do teu interese. Este xoves pola tarde desprazarémonos á cidade da Coruña para asistir ó mítin central da campaña en Galicia, que contará coa participación do Presidente do Goberno José Luis Rodríguez Zapatero, acompañado polo Alcalde da Coruña Javier Losada e polo Secretario Xeral do PSdeG Pachi Vázquez. O acto terá lugar no Palacio de Exposicións e Congresos da Coruña (PALEXCO), situado no Muelle de Transatlánticos. Dende Cariño, como é habitual, sairá un autobús gratuito ás cinco da tarde. Se queres asistir, envíanos un email a psoecarino@yahoo.es  ou contacta cos membros da nosa candidatura.

O vindeiro venres celebraremos o acto de peche de campaña. Será ás nove da noite no Auditorio Municipal e contará coas intervencións de Lois Armada, Alberto Iglesias, Marisa Novo e o noso Alcalde e candidato José Luis Armada. O evento incluirá a proxección de material audiovisual para explicar o traballo feito na última lexislatura e resumir os principais puntos do noso programa para os vindeiros catro anos. Gostaríanos contar coa túa asistencia.

Ademais, como podes supor, estaremos a pleno rendemento en internet ata o último día da campaña. Graciñas por seguirnos.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.