A ciencia galega esmorece con Feijóo

Share Button

Unha parte significativa da comunidade investigadora de Galicia concentrouse onte ante os rexistros da Xunta de Galicia nas cidades de A Coruña, Santiago e Vigo para presentar un escrito no que solicitan ó goberno autónomico que convoque o programa de Recursos Humanos co que se nutre anualmente o sistema galego de I+D+I. Esta convocatoria é fundamental porque permite ás universidades e ós organismos públicos de investigación a contratación de persoal investigador de diversas escalas (predoutoral, posdoutoral, etc.) e de persoal técnico, que supoñen, en ambos casos, a base da ciencia que se fai hoxe en Galicia.

Este programa autonómico de recursos humanos, que existe dende hai anos, fortaleceuse durante a etapa do bipartito, dende a Consellería –todo hai que dicilo- dirixida por Fernando Blanco (BNG). Neste ano 2010 as axudas aínda están sen convocar e este feito é o que motiva as protestas da comunidade investigadora. Está claro que fortalecer un sistema científico galego de calidade non é unha prioridade para a Xunta de Feijóo. Non lles interesa unha cidadanía crítica e formada. 

Podes atopar aquí máis información sobre esta protesta:

http://www.lavozdegalicia.es/sociedad/2010/10/29/0003_8813658.htm 

http://www.xornal.com/artigo/2010/10/29/sociedad/persoas-urxen-xunta-convoque-becas-investigadores/2010102900064705932.html 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.