Concentración cidadá a prol da consulta diaria de pediatría

Share Button

Onte pola mañá tivo lugar, á entrada do Centro de Saúde de Cariño, a concentración cidadá a prol da consulta diaria de pediatría. Os medios de comunicación situaron a asistencia en torno ás 100 persoas, unha cifra moi significativa se temos en conta que a cita tivo lugar a media mañá dun día laborable.

Dende a nosa páxina, queremos reiterar unha vez máis o apoio a esta reivindicación totalmente xustificada. Esta carencia dunha consulta diaria de pediatría perxudica a toda unha comarca, pois, non o esquezamos, en Ortigueira e Mañón tamén vén mermada a calidade deste servicio ó ter que compartilo con Cariño.

A lóxica desta reivindicación é tal que só cabe agardar unha resposta positiva por parte da Xunta de Galicia. Aínda que a sanidade pública non é unha prioridade para o PP, como xa teñen demostrado e declarado ate a saciedade, hai demandas que teñen unha lóxica aplastante.

Pola nosa parte, anunciamos que imos seguir aportando o noso gran de area, tanto no plano político como no institucional, para que esta necesidade sexa satisfeita. Cremos, por outra parte, que tanto a totalidade da cidadanía como das forzas políticas cariñesas comparten este sentir.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.