A rúa dos Santos nas obras do POS

Share Button

O Concello vén de incluir a segunda fase das obras de renovación da rede de auga e saneamento da rúa dos Santos no Plan de Obras e Servicios da Deputación da Coruña. A execución do proxecto correrá a cargo da empresa José María Piñeiro López e conta cun presuposto de 106.046 euros.

Asemade, o Concello informa da convocatoria dun concurso público para a renovación dos tres parques infantís do paseo marítimo. O presuposto da actuación é de 82.000 euros, cuio destino é engadir novos equipamentos e renovar os que se atopan deteriorados.

Diario de Ferrol informou hoxe destas actuacións.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.