Actividade orgánica en Ferrol e Santiago

Share Button

O noso Secretario Xeral e Alcalde de Cariño, José Luis Armada, participou onte na cea de nadal que o partido celebrou en Ferrol, á que asistíu o Ministro de Xustiza Francisco Caamaño.

Vicente Irisarri, Alcalde de Ferrol e un dos oradores do acto, fixo un chamamento ó traballo para acadar uns bos resultados nas municipais e manter as alcaldías que o noso partido ostenta nas comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal.

Hoxe, o noso compañeiro Armada participa no Comité Nacional que o partido está a celebrar en Santiago de Compostela, co reparto de cargos e responsabilidades que defende o Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, como telón de fondo. Segundo esta proposta (unha persoa, un cargo), que a nosa Agrupación Local apoia, @s deputad@s autonómic@s que desexen figurar nas candidaturas ás municipais e ocupar responsabilidades de goberno nos concellos deberán renunciar ó seu escano. Trátase de repartir o traballo, de facer unha xestión máis eficaz e de aproveitar mellor os recursos humanos do partido. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.