Adeus a José Manuel Pose Mesura

Share Button

Queremos sumarnos ó pesar polo falecemento do compañeiro José Manuel Pose Mesura, hoxe, ós 62 anos de idade. No ámbito político, foi delegado do Goberno en Galicia, concelleiro en Ferrol, membro do Consello Escolar de Galicia, etc. No profesional exerceu como profesor de ensino secundario, na especialidade de Filoloxía Clásica, e foi coautor de libros pioneiros como Galicia nos textos clásicos ou unha catalogación castrexa da comarca de Ferrol, ambos publicados polo Museo Arqueolóxico e Histórico do Castelo de San Antón. No persoal, tratamos con el en visitas a Cariño así como en congresos e actos do partido. Trasladámoslle o pésame a toda a súa familia. Unha perda importante para o socialismo galego.

    

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.