Alimentar o pensamento: Balibar e Fontana

Share Button

A voráxine do debate político diario, que ás veces acada a categoría de política-espectáculo acrecentada polo sensacionalismo dalgúns medios, tende a situar nun segundo plano reflexións máis críticas e sosegadas. Afortunadamente, algúns medios escritos como a edición española de Le Monde Diplomatique ou Público inclúen en cada número artigos e entrevistas de primeiro nivel. É obvio que, ó igual ca ti, non sempre estamos dacordo co que neles se dí, pero en calquera caso proporcionan interesantes argumentos para a reflexión.

 

Xa nos temos referido aquí á sección de entrevistas que Amador Fernández-Savater, fillo do filósofo Fernando Savater, mantén no xornal Público. Hoxe, sábado, o entrevistado é Étienne Balibar, un dos filósofos clásicos da esquerda francesa. Sen dúbida, unha lectura moi recomendable, da que salientamos a seguinte afirmación: no hay realmente ningún término medio posible entre las dos lógicas que se oponen a propósito de la ‘regulación’ de los mercados financieros. O bien es la potencia pública la que impone reglas de prudencia y de transparencia a las operaciones especulativas. O bien es la exigencia ilimitada de los capitales líquidos, apoyándose en las especulaciones más rentables a corto plazo, la que obliga a una desregulación cada vez más completa. No pueden ser las dos cosas a la vez. La crisis ilumina a plena luz ésta y otras verdades que el discurso dominante se esfuerza en disimular”. Podes ler a entrevista aquí:

 

http://blogs.publico.es/fueradelugar/147/%E2%80%9Cfrente-a-los-nacionalismos-reactivos-nos-hace-falta-un-populismo-europeo%E2%80%9D

 

Este mesmo xornal, hai uns meses, incorporou a Josep Fontana á súa nómina de colaboradores. Fontana é un dos máis prestixiosos historiadores do noso país e un referente intelectual da esquerda. O pasado martes 29, na súa sección Dominio público, o xornal incluíu o seu artigo Julio de 1936. En días nos que a dereita tenta explicarnos a súa visión da historia recente de España por medio de “escritores” e tertulianos de nula solvencia académica, sempre é recomendable ler a un autor como o catedrático Fontana:

 

http://blogs.publico.es/dominiopublico/2108/julio-de-1936

 

Por último, a profesora de xeografía Carme Miralles-Guasch publicou onte outro interesante artigo, titulado Car Sharing, relacionado cun tema que como sabes, preocúpanos especialmente, cal é o das políticas de desenvolvemento sostible:

 

http://blogs.publico.es/delconsejoeditorial/603/car-sharing

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.