Renovar as ligazóns

Share Button

Hai uns días facíamos un balance dos primeiros nove meses coa versión actual da nosa páxina web. Alí anunciamos a nosa intención de seguir mellorando a páxina, incorporando novas seccións e mellorando as actuais. Como parte deste proceso, queremos acadar unha sección de ligazóns potente e útil, que facilite o acceso a páxinas con información sobre o noso Concello, sobre o pensamento político de esquerdas e sobre moitos outros temas.

 

Se visitas habitualmente a nosa páxina, terás comprobado que sempre procuramos informar sobre recursos online que consideramos interesantes, que ofrecen información especializada ou que simplemente contribúen a configurar visións plurais sempre necesarias. Pretendemos incorporar moitas destas páxinas á nosa renovada sección de ligazóns. Calquera suxerencia que nos fagas chegar a psoecarino@yahoo.es será benvida.

 

Aproveitando a ocasión, queremos aproveitar para mentar aquí outra web cariñesa como é a do Instituto de Ensino Secundario Cabo Ortegal. Trátase dunha páxina interesante, cuia visita recomendamos, e que pon de manifesto o importante e dinámico traballo que está a desenvolver o profesorado do centro, ó cal xa aludimos algunha vez. O enderezo é:

 

 

 

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.