Andalucía renova a súa confianza no proxecto socialista

Share Button

altO PSOE vén de gañar este domingo, 22 de marzo, as eleccións autonómicas en Andalucía. A opción encabezada pola nosa compañeira Susana Díaz impúxose con claridade ó obter –contra tódalas previsións- 47 escanos, os mesmos que tiña na lexislatura recén rematada. O noso partido amosa a súa fortaleza ó manter intacta a súa cota parlamentaria nun contexto de forte ascenso de novas forzas políticas. É o Partido Popular quen máis acusa este novo escenario, cun descenso de 17 escanos (baixa de 50 a 37). Podemos obtén 15 escanos, Ciudadanos acada 9 escanos e Izquierda Unida descende a 5. Os resultados merecen algún que outro comentario.

Destacados intelectuais de esquerdas que non militan no PSOE veñen de describir con bastante acerto o que estes resultados representan. Juan Torres López, por exemplo, vén de publicar no seu blog: Se confirma que el PSOE es un partido que tiene más aprecio en Andalucía que el que muchos creen. Con todos sus defectos y a pesar de los escándalos que ha producido su gestión en los últimos años sigue siendo un hecho que una parte importante de la población andaluza le reconoce el valor de haber creado el estado de bienestar y de haberlo defendido mientras que la derecha lo desmantela en otros lugares. Se han vuelto a equivocar quienes en Andalucía presentan su oferta electoral como un proyecto contra el PSOE. Y se volverán a equivocar quienes lo tratan como un partido de derecha. Pola súa parte, Ramón Cotarelo escribía na súa conta de Facebook poucos minutos despois de coñecerse o resultado: El PSOE tiene 140 años. No es el PASOK y ningún advenedizo va a borrarlo del mapa. La estúpida fórmula PP=PSOE es más negativa que positiva para quienes la emplean”.

O principal derrotado na noite electoral foi o Partido Popular. Nunca o tivo fácil en Andalucía, pero os resultados de onte apuntan a un cambio de ciclo. Todo parece indicar que a cidadanía non perdoa os seus escandalosos casos de corrupción estrutural nin, especialmente, a falta de reacción ante eles. Nin tampouco comulga coas mensaxes eufóricas que insisten en vendernos unha recuperación económica que só parece existir na cabeza dos que nunca sufren ningunha crise, dos poderosos.

Podemos obtén un bo resultado se temos en conta o punto de partida, pero a noite de onte tivo tintes de decepción. Cando un partido afirma que vai a ser a forza hexemónica en España, e cando as enquisas pronosticaban uns 20 escanos, quedarse con 15 soa a un certo fracaso. Podemos leva tempo querendo xogar á indefinición calculada, a non ser de esquerdas nin de dereitas. Non tiveron en conta que nese espazo da ambigüidade tamén hai competidores (véxase Ciudadanos), que aínda encima resultan máis cribles. É posible que Teresa Rodríguez, a súa líder en Andalucía, esté en condicións de facer contribucións positivas á política andaluza, pero o tempo demostrará se o seu papel é de diálogo e crítica construtiva ou se prefiren seguir defraudando expectativas.

Ciudadanos foi quizais a gran sorpresa da noite, ata o punto de erixirse nunha ameaza tanto para Podemos como para o PP. Haberá que seguir as súas evolucións. O mesmo acontece con IU, que tivo onte uns resultados negativos pero é unha forza con tradición e base social, que xa ten saído no pasado doutras situacións difíciles.

A maioría do noso partido é consciente do que representan os resultados de onte. Nin Andalucía é o resto de España nin o pobo andaluz deu onte un cheque en branco ó PSOE. Sen embargo, quedou claro que o electorado segue vendo ó noso partido como o principal referente dentro da esquerda, como o principal instrumento para a defensa dos servizos públicos e dos intereses da maioría. Tamén como un partido con propósito de enmenda e vontade de superación, capaz de facer autocrítica e de colocar os piares para evitar que se repitan os erros do pasado. Andalucía ten por diante retos importantes, pero quere afrontalos da man do PSOE.

As cousas seguen sendo difíciles. Queda moito traballo por diante, pero imor loitar con tódalas nosas forzas para devolverlle a esperanza á xente deste país.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.