As outras piscinas municipais

Share Button

Onte domingo, La Voz de Galicia, na súa edición Ferrol, publicou unha nova que levaba por título La piscina compartida de Ares y Mugardos retrasa su apertura a finales de año.

Queremos chamar a atención sobre ela polo feito de que a construcción de dita piscina, compartida entre ambos concellos, aprobouse no pleno da Deputación o mesmo día que a de Cariño. Un total de catro piscinas aprobáronse na mesma data. Por certo, naquel pleno, o voceiro do PP arremeteu duramente contra a construcción dunha piscina en Cariño. E nós non acusamos sen probas: as actas do pleno da Deputación están aí para quen queira comprobalo.

A piscina de Cariño está recibindo os últimos retoques e a súa apertura, por fin, está moi próxima. Somos os primeiros en lamentar o retraso da obra e as razóns do mesmo, relacionadas cos problemas económicos da empresa constructora, xa foron explicadas en varias ocasións. Sen embargo, a nova publicada onte por La Voz de Galicia amosa que non somos, nin moito menos, un caso único. E ata certo punto é lóxico: trátase de obras complexas, custosas e nas que sempre poden xurdir imprevistos. Gostaríanos que non fose así, pero esta é a realidade. No caso de Cariño, ademais, únese o esforzo por conquerir que a piscina inicie a súa andadura facendo uso das enerxías renovables.

Mentres tanto, dende a dereita cariñesa estase xa empezando a engordar un novo bulo: que a piscina non é rentable e que un Concello como o de Cariño non pode manter unha instalación así. O único obxectivo é camuflar unha realidade incontestable: que eles, en oito anos con maioría absoluta e tódalas administracións ó seu favor, non foron capaces de facela.

Podes consultar aquí a nova á que facemos alusión:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/10/17/0003_8789221.htm

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.