Avanzando co Local Social de Sismundi

Share Button

Comezamos o ano nesta web cunha boa noticia. Tal como vén de informar o xornal La Voz de Galicia, o Concello de Cariño está a traballar para convertir en realidade o Local Social de Sismundi, que estará situado no antigo taller do Ferreiro. A construción e apertura deste servizo foi un dos compromisos do noso partido no programa electoral ás eleccións de maio de 2015 e considerámolo moi necesario para paliar a carencia do mesmo na citada parroquia.

A institución municipal dedicará 143.908 euros do Plan de Obras e Servizos da Deputación a esta obra (os outros 9.915 irán a gasto corrente). Segundo explica o Alcalde, José Miguel Alonso Pumar, conservaranse as vigas de madeira da estrutura orixinal, que están en bo estado tal e como constatou o estudo de calidade encargado polo Concello a unha empresa especializada. O presuposto inclúe o mobiliario e un proxector, a sinalización e o peche da finca, de 216 metros cadrados. O inmoble, situado na baixada hacia o embarcadoiro, convertirase en “lugar de reuniones y actividades de los vecinos de la parroquia”, abundou o Alcalde nas súas declaracións ó citado xornal. A negociación para a súa compra xa comezara co anterior Goberno Municipal do BNG. Tanto este grupo como AECA respaldaron a proposta do Grupo Municipal Socialista de financiar esta actuación a través do POS, mentres que o PP abstívose.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.