Charla-coloquio con Francisco Caamaño e José Miguel Alonso Pumar

Share Button

Dende a Agrupación Socialista de Cariño temos o pracer de convidarte á charla-coloquio que o vindeiro sábado, 28 de febreiro, protagonizarán en Cariño o exministro e Catedrático de Dereito Constitucional Francisco Caamaño Domínguez e o candidato socialista á Alcaldía de Cariño José Miguel Alonso Pumar. O evento terá lugar no Local Social de Cariño (planta baixa da Casa do Concello) ás seis da tarde; exercerá como presentador e moderador o xornalista cariñés Antón Luaces Teixido.

Pretendemos plantexar esta charla-coloquio, que leva por título Situación actual das Administracións Públicas: do Estado aos Concellos, como un debate aberto en torno a cuestións diversas, no que o público asistente teña un papel relevante formulando as súas preguntas e reflexións. Nas súas intervencións iniciais os dous relatores poñerán sobre a mesa algúns asuntos para animar a charla posterior.

Por un lado, o encontro servirá tamén para facer unha breve presentación do libro Democracia federal. Apuntes sobre España, que Caamaño vén de publicar recentemente. O noso compañeiro e amigo Francisco Caamaño é, na súa condición de Catedrático de Dereito Constitucional na Universidad de Valencia e exministro de Xustiza, unha autoridade indiscutible en materia de administracións públicas e arquitectura institucional do Estado. A sinopse do seu novo libro dinos o seguinte: “No se trata de sentirnos españoles antes que catalanes, vascos, andaluces o gallegos. Tampoco de invertir el orden de preferencias. Ese es el rifirrafe constante de los nacionalismos patrios que, en la mejor tradición de nuestra historia, han castigado durante los últimos treinta y cinco años de democracia la arquitectura jurídica del Estado autonómico. Antes bien, se trata de construir un proyecto político común en el que cada uno pueda sentirse identitariamente cómodo, sin hacer de ese sentimiento una causa política irresistible. La verdadera cuestión consiste en negociar y establecer democráticamente un pacto en el que esas diferencias sean plenamente compatibles con un proyecto político de convivencia compartida”.

Pola súa parte, José Miguel Alonso Pumar afronta co acto deste vindeiro sábado a súa primeira intervención pública dende a súa designación como candidato socialista á Alcaldía de Cariño. Por esta razón, de seguro que adiantará algunhas das ideas e claves do proxecto co que @s socialistas, dende o Goberno Municipal, pretendemos liderar a recuperación de Cariño nos vindeiros anos.

Así pois, a xornada promete. Gustaríanos contar coa túa participación.

alt

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.