Depósitos de madeira e outras propostas para o Plan Leader

Share Button

En días pasados os Alcaldes de Cariño e Cedeira, José Luis Armada e José Luis Vergara respectivamente, mantiveron unha reunión de traballo para concretar algunhas propostas conxuntas que serán presentadas ás axudas do Plan Leader.

Unha das máis relevantes consiste na creación de depósitos ou cargadoiros de madeira en puntos estratéxicos da comarca, que permitan ás empresas do sector tarefas de almacenaxe e un fácil acceso e carga mediante maquinaria pesada. Esta e outras iniciativas serán presentadas o xoves nunha reunión que ambos Alcaldes manterán en Cariño cos representantes de Costa Noroeste, entidade encargada de xestionar as axudas do Plan Leader.

O xornal La Voz de Galicia recolle hoxe os detalles deste proxecto, así como as declaracións de ambos rexidores. O noso Alcalde, José Luis Armada, propón ampliar a cobertura da iniciativa a outros concellos da comarca e adianta o seu compromiso de contar co consenso e a colaboración das empresas do sector.

Outros proxectos que pretenden solicitar conxuntamente ambos concellos son a creación dun dispositivo para ofrecer información turística a través do teléfono móvil e a creación de puntos de información municipal nas marquesiñas.

Podes acceder á nova publicada por La Voz de Galicia aquí:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2011/03/01/0003_201103F1C11991.htm 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.