Francisco Caamaño achégase a coñecer o sector conserveiro cariñés

Share Button

O exministro de Xustiza, Secretario Xeral Provincial e número 1 da candidatura socialista pola provincia coruñesa ó Parlamento, Francisco Caamaño, estará en Cariño este venres 21. Un dos principais obxectivos da visita é coñecer polo miúdo a problemática do sector conserveiro. Con esta finalidade, Caamaño visitará as instalacións da conserveira La Jira (Grupo Carrodeguas).

Durante a visita Caamaño estará acompañado polo cariñés José Miguel Alonso, que ocupa o 10º posto na candidatura socialista coruñesa ás eleccións do 21 de outubro. Tamén participarán na visita o voceiro socialista no Concello, José Luis Armada, así como outros cargos públicos e militantes da comarca.

Caamaño chegará a Cariño en torno ás 11:30 da mañá. Está previsto que a visita se acompañe de declaracións ós medios de comunicación e dun paseo polo mercado municipal.

O exministro e líder provincial xa estivo o pasado domingo en Ferrol para presentar ós candidatos das comarcas de Ferrolterra, Eume e Ortegal. A esa cita corresponde a imaxe que acompaña a esta entrada.

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.