Geolodía 2014: excursión guiada polo complexo de Cabo Ortegal

Share Button

altOs Geolodías son actividades que, baixo o amparo da Sociedad Geológica de España (SGE), teñen lugar unha vez ó ano (normalmente a segunda fin de semana de maio), nas diferentes provincias do país. Este ano 2014 o Geolodía da provincia da Coruña terá a súa sede en Cariño e celebrarase os días 10 e 11 de maio.

Comecemos, antes de nada, por presentar de forma xenérica a actividade. Según explica a SGE na súa páxina web: Los Geolodías pretenden acercar a la sociedad tanto la Geología como la profesión del geólogo. Consisten en una excursión de campo guiada por geólogos, totalmente gratuita y abierta a todo tipo de público. Se realiza en lugares interesantes por su entorno geológico, y se proporciona una información rigurosa a nivel divulgativo. Permite ver estos lugares con ojos geológicos, y vislumbrar algunos aspectos de como funciona la Tierra sobre la que vivimos y de cuyos recursos naturales dependemos totalmente. Es también una manera de sensibilizar a la población sobre la importancia y necesidad de proteger nuestro patrimonio geológico. E prosegue máis adiante: “El origen de Geolodía se sitúa en la provincia de Teruel, en el año 2005. Poco a poco, se sumaron otras provincias a esta iniciativa, y en el 2009, tuvieron lugar Geolodías en otras 6 provincias. Desde el año 2011 se realiza un Geolodía por provincia en el segundo fin de semana de mayo, siendo una iniciativa apoyada por la SGE, la Asociación Española para la Enseñanza de las Ciencias de la Tierra (AEPECT) y el Instituto Geológico y Minero de España (IGME)”.

O Geolodía 2014 correspondente á provincia da Coruña leva por título La formación de Pangea y la apertura del Atlántico en el Complejo de Cabo Ortegal. O programa de actividades está organizado polo Instituto de Geociencias (IGEO) e o Instituto Universitario de Xeoloxía Isidro Parga Pondal da UDC, baixo o amparo da Sociedad Geológica de España e con financiación do Ministerio de Economía y Competitividad a través da FECYT e do IGME. En concreto, a responsabilidade científica e organizativa recae n@s xeólog@s Ricardo Arenas, Juan Ramón Vidal Romaní, Richard Albert, Sonia Sánchez Martínez, Rubén Díez Fernández e José Manuel Fuenlabrada, a maior parte deles habituais na investigación e divulgación da xeoloxía de Cabo Ortegal.

O programa de actividades comeza o sábado 10 de maio coa presentación da excursión e da mini-guía elaborada expresamente para a ocasión. A cita será ás oito da tarde no Local Social da Casa do Concello (planta baixa). A continuación terá lugar unha cea de irmandade. Se estás interesad@ en asistir á cea, debes escribir un email a arenas@geo.ucm.es.

A excursión terá lugar ó día seguinte, domingo 11 de maio, con saída ás 9:30 horas da mañá diante do Concello, en vehículos particulares. Recoméndase levar roupa e calzado axeitados, así como algo de comida e bebida. O roteiro contará con seis paradas en puntos xeolóxicos de interese (Figueiroa, Peiral, Cabo Ortegal, Vixía Herbeira e arredores de San Andrés de Teixido), que serán explicados polos expertos citados. A mini-guía elaborada para a ocasión, que contén un adianto da ruta, podes descargala aquí:

http://www.sociedadgeologica.es/archivos_pdf/gdia14gui_coru%C3%B1a.pdf

O Geolodía 2014 constitúe, polo tanto, unha magnífica oportunidade para coñecer as últimas investigacións sobre o complexo xeolóxico de Cabo Ortegal da man dos principais expertos na materia. Esta actividade prolonga a colaboración que, na nosa etapa á fronte do Goberno Municipal, entablamos co profesorado da Facultade de Ciencias Geológicas da Universidad Complutense de Madrid. Dita colaboración iniciouse coas xornadas As rochas máis antigas da Península Ibérica: introdución á xeoloxía do Cabo Ortegal, que tiveron lugar os días 23-24 de xullo de 2007. Meses despois, estes mesmos profesores propuxeron ó Concello a celebración en Cariño da actividade Un día con geólogos, programada en diversos puntos de España con motivo do Día da Terra e que, no caso de Cariño, mereceu unha reportaxe no programa Natureza da TVG. Finalmente, en novembro de 2010 o Concello de Cariño publicou o libro Geología del Complejo de Cabo Ortegal y de las unidades relacionadas del basamento de Galicia. Guía de campo. Na presente ocasión, varios membros da Agrupación Socialista de Cariño colaboramos na loxística deste Geolodía 2014 en Ortegal, no que queremos, dende aquí, convidarte a participar.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.