Debate sobre a nova Política Pesqueira Común

Share Button

altCoas eleccións europeas de maio como telón de fondo, o PSdeG-PSOE celebra este sábado 12 de abril en Pontevedra, no hotel Galicia Palace, unha xornada de traballo que leva por título A nova Política Pesqueira Común a debate.

A presentación da xornada, a partir das 10 da mañá, correrá a cargo de Agustín Fernández González, Secretario Xeral da Agrupación Municipal de Pontevedra, e de Carme Casalderrey Piñeiro, Secretaria de Economía Pesqueira da Comisión Executiva Nacional Galega do PSdeG. A continuación intervirá a Secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela Rodríguez.

A parte principal do evento desenvolverase a partir das 10:30 da mañá e consistirá nun coloquio a tres bandas coas intervencións de Xosé Ramón Val Alonso, voceiro de Pesca do PSdeG no Parlamento de Galicia, que falará sobre Europa e a súa incidencia na pesca galega; do expresidente da Xunta e catedrático de Economía Aplicada na UDC Fernando González Laxe, que desenvolverá Unha análise crítica da Política Pesqueira Común; e do Responsable de Pesca Nacional e Internacional en España da UGT Manoel Souto González, ocupándose de Os dereitos sociais dentro da Política Pesqueira Común.

A partir das 12:30 horas o exministro e candidato europeo José Blanco exporá as conclusións da xornada, que será clausurada media hora despois por José Ramón Gómez Besteiro, Secretario Xeral do PSdeG.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.