Lecturas interesantes

Share Button

Dado que moitas persoas aproveitan a fin de semana para ler e navegar pola rede con tranquilidade, chamamos a atención sobre algunhas novas, reportaxes e artigos de opinión que poden resultar de interese.

 

Hoxe, o diario Público inclúe un artigo de Magdalena Vinent titulado ‘E-book’ y derechos de autor, que aborda un dos asuntos máis controvertidos dunha nova modalidade de lectura que chega con forza. A autora, ademais de recoñecida experta no tema, é directora xeral de CEDRO e presidenta de IFRRO. Podes atopalo aquí:

 

http://blogs.publico.es/otrasmiradas/9/e-book-y-derechos-de-autor

 

Tamén hoxe e no mesmo xornal publícase unha interesante entrevista a Ángel Gabilondo, Ministro de Educación e Catedrático de Filosofía. Gabilondo fai un repaso á situación actual do Pacto pola Educación e do sistema educativo no noso país. Podes acceder a través deste enlace:

 

http://www.publico.es/espana/296416/gustaria/dia/debatiera/serio/laicidad

 

O debate parlamentario do pasado 17 de febreiro sobre a situación económica española e o posible pacto de tódalas forzas políticas deu lugar a numerosos comentarios en bitácoras e medios de comunicación. Recomendamos o post de Manuel Cendán, militante socialista ferrolán e directivo da asociación Fuco Buxán, no seu blog Bitácora do Nordés. Leva por título Pepe Blanco, Rajoy e o pacto anti crise e podes atopalo aquí:

 

http://nordes.wordpress.com/2010/02/19/pepe-blanco-rajoy-e-o-pacto-anti-crise

 

Á mesma cuestión adicoulle onte un artigo en Público o director do xornal, Félix Monteira, co título El pacto de Babel:

 

http://blogs.publico.es/director/38/el-pacto-de-babel

 

Por último, queremos facernos eco da información aparecida días atrais sobre a forte caída da obra de licitación autonómica dende que o PP chegou ó goberno da Xunta. Aquí hai opinións para tódolos gustos, pero os feitos están aí e as probas tamén (véxase o caso da VAC). El Correo Gallego, nada sospeitoso de afinidades socialistas, recollía así a nova días atrais:

 

http://www.elcorreogallego.es/galicia/ecg/brutal-caida-niveles-hace-10-anos-obra-licita-xunta/idEdicion-2010-02-12/idNoticia-515551

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.