Lembrar o pasado e discutir o futuro

Share Button

O debate e os movementos para definir o proxecto de futuro do noso partido en Galicia tralas últimas eleccións autonómicas levan semanas en plena efervescencia. Aínda que as reglas de xogo definitivas están por concretar e a relación final de aspirantes á Secretaría Xeral non se coñece, xa afloran os primeiros nomes e correntes de opinión. A situación do partido require un debate profundo e aconsella acertar de inmediato para ofrecerlle canto antes á sociedade galega a alternativa que necesita e que a maioría social agarda.

Na mañá de hoxe, domingo 14 de abril, aniversario da proclamación da II República, unha representación da Agrupación Socialista de Cariño achegámonos a Cedeira para asistir á presentación na comarca do Ortegal do proxecto Novo Socialismo Galego, da man do seu voceiro Ivan Puentes, no local da Agrupación cedeiresa.

Agardamos ter a oportunidade de escoitar axiña no Ortegal ás outras sensibilidades e, concretamente, ós candidatos xa postulados: o Presidente da Deputación de Lugo, José Ramón Gómez Besteiro, e o Alcalde da Illa de Arousa, Manuel Vázquez. Hai uns días Besteiro presentou o seu proxecto en As Pontes e xa anunciou a súa intención de achegarse en breve á comarca do Ortegal.

Antes de que dese comezo a presentación de Novo Socialismo, asistimos ó acto convocado pola Asociación Memoria Histórica Democrática en memoria das víctimas da represión franquista, que tivo lugar na cedeiresa Praza da Revolta.

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.