Mítin en Cariño con Jesús Caldera, José Miguel Alonso e Ana Fachal

Share Button

O noso partido celebra o mítin central en Cariño desta campaña para as autonómicas este venres 12 de outubro, ás seis da tarde, no Auditorio Municipal.

O acto contará coa participación do exministro e Vicesecretario Executivo da Fundación Ideas, Jesús Caldera (na foto); do candidato cariñés ó Parlamento Galego, no posto número 10, José Miguel Alonso Pumar; e da Secretaria Xeral da Agrupación Socialista de Cariño, Ana Fachal Fraguela.

Dende aquí, queremos convidarte a esta prometedora cita. Por un lado, terás a oportunidade de escoitar ó noso compañeiro José Miguel Alonso, que despois do 21 de outubro podería estar representando a Cariño e a toda a comarca do Ortegal no Parlamento galego. Por outro lado, contamos cun político de primeiro nivel como é Jesús Caldera. Nado en Béjar (Salamanca) en 1957, Caldera é licenciado en Ciencias Políticas, Dereito e Socioloxía, así como Secretario de Administración Local. É Deputado no Congreso dende a segunda lexislatura, onde ten exercido numerosas responsabilidades, entre elas a de voceiro do Grupo Parlamentario Socialista na séptima lexislatura. Foi Ministro de Traballo e Asuntos Sociais na primeira lexislatura de Rodríguez Zapatero (2004-2008) e tralas eleccións dese ano recibíu do partido o encargo de organizar unha macrofundación que se convertise nun centro de pensamento socialista de referencia a nivel nacional e internacional. Dito órgano recibe o nome de Fundación Ideas e nela Caldera é Vicepresidente Executivo.

Polo tanto, con seguridade o venres escoitaremos moitas cousas interesantes. Gustaríanos moito contar coa túa presenza.

   

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.