Novidades na páxina web

Share Button
Comezou o mes de setembro e, con el, un novo curso político que -anunciámolo xa- traerá novidades significativas á vida municipal cariñesa. Atrais quedou un verán cheo de actividades, que implicaron un intenso traballo para os integrantes do Grupo Municipal Socialista (Festa da Caldeirada e Sardiña Lañada, Ortegal Rock, San Bartolo, etc.). Este verán supuxo tamén a consolidación do proxecto Aula do Mar, cuia demanda víuse desbordada polos múltiples visitantes que quixeron desfrutar dunha saída en barco polo Cabo Ortegal e os cantís de Herbeira.


Facemos, pois, unha valoración claramente positiva do traballo desenvolvido este verán e iniciamos o novo curso político con novidades importantes nesta web, que pouco a pouco irás coñecendo. A máis relevante é a creación do Boletín Dixital do Grupo Municipal Socialista, cuio primeiro número atópase xa dispoñible en formato PDF nesta páxina web. A outra novidade é unha páxina principal dinámica, que pretendemos actualizar a miúdo con contidos de diversa índole. Non esquezas que a nosa web ofréceche a posibilidade de crear unha conta que, entre outras opcións, posibilita que recibas no teu correo electrónico o aviso das sucesivas actualizacións.


Estes cambios na web son parte dun traballo máis amplo, que estará dispoñible progresivamente, mediante o cal pretendemos convertila nun instrumento de información e participación política áxil, riguroso e dinámico. Agardamos que desfrutes das túas visitas.
Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.