Novidades na política nacional

Share Button

O recén elexido Presidente do Goberno, Mariano Rajoy, xurou esta mañá o cargo ante o Rei e anunciou, xa pola tarde, a composición do seu Goberno, que mantivo ata hoxe no máis absoluto secretismo. Aínda que todavía é moi cedo para opinar, os nomeamentos son reveladores e proporcionan algúns sinais. Certamente, cabe preguntarse se este Goberno poderá sacarnos da crise.

A tan alardeada reducción de ministerios queda reducida á mínima expresión, pois só hai dous menos. Galicia perde peso no Consello de Ministros (ata catro galeg@s ó mesmo tempo chegou a haber na anterior etapa socialista). A presenza de mulleres redúcese de maneira notable. Non aparece na estructura ministerial ningunha referencia a ámbitos como a tecnoloxía, a innovación ou a ciencia, nos que a xuízo de moit@s especialistas debería cimentarse a saída da crise; tampouco a pesca está presente na denominación de ningún ministerio (o que tamén é a priori perxudicial para Galicia)… Falando xa de nomes concretos, a economía queda en mans dun ultraliberal vinculado a Lehman Brothers; Defensa asígnase a unha persoa relacionada coa industria armamentística; ó Ministro con competencias en Medio Ambiente atribúenselle intereses no mundo das petroleiras; e o de Cultura e Educación coñécese principalmente por un célebre artigo contra o movemento dos Indignados. Isto por poner só algúns exemplos. Aínda é moi cedo para adiantar conclusións, pero cremos que este non é, nin de lonxe, o Goberno que España necesita.

Mentres tanto, no noso partido segue abríndose o debate. Onte lanzáronse o manifesto e a web Mucho PSOE por hacer, promovidos por un sector do partido entre cuios nomes atópanse Carme Chacón, Josep Borrell, Juan Fernando López Aguilar, Cristina Narbona ou o galego Francisco Caamaño. O manifesto, que foi presentado esta tarde (a foto que reproducimos provén da edición dixital de El País), combina un recoñecemento ó traballo realizado nos últimos anos cunha importante dose de autocrítica, en ámbitos como a xestión da crise ou o modelo de partido. Compartimos as liñas fundamentais do manifesto e saudamos favorablemente a iniciativa, pola aportación que supón ó debate sosegado que o partido necesita. Recomendámosche que visites a web, donde podes ler o manifesto íntegro:

http://www.muchopsoeporhacer.com

  

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.