Novo debate en Radio Voz sobre o turismo na comarca

Share Button

Hoxe o Concello de As Pontes de García Rodríguez acolleu un debate sobre turismo en Ferrolterra, Eume e Ortegal, no que participaron varios Alcaldes destas comarcas, entre eles o de Cariño. O debate foi organizado e emitido por Radio Voz.

Estes debates forman parte dunha iniciativa itinerante para analizar a oferta turística de Ferrolterra-Eume-Ortegal e as súas posibilidades como elemento de dinamización económica. A anterior edición do debate tivo lugar en Cariño, en maio do ano pasado, e contou coa participación da maior parte dos Alcaldes. A iniciativa incluíu unha saída no Aula do Mar.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.