O Concello de Cariño cumpre 27 anos

Share Button

Hoxe, 21 de xaneiro de 2015, o Concello de Cariño cumpre 27 anos. Xeracións de cariñesas e cariñeses ó longo da historia soñaron que un Concello propio sería un instrumento fundamental para a mellora das súas vidas. O 21 de xaneiro de 1988, despois de varios anos de loita liderada pola Asociación de Veciños San Bartolo de Cariño, o soño fíxose realidade. Moit@s non chegaron a velo.

Os logros acadados nestes 27 anos son innegables. Nestes momentos, cando a cidadanía das cinco parroquias deste Concello atravesa momentos difíciles, é necesario un novo pulo. O Concello de Cariño ten que voltar a ser esa institución da que tod@s nos sintamos orgullos@s. O motor fundamental na construción dun novo futuro. Esa é, a día de hoxe, a teima principal da Agrupación Socialista de Cariño. E daremos o mellor de nós para conseguilo.

alt

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.