O semanario A Nosa Terra deixa de publicarse en papel

Share Button

Se recentemente referímonos aquí ó peche do xornal dixital Vieiros, agora tócalle o turno ó semanario A Nosa Terra, que deixa se saír en papel e pasa a difundirse unicamente a través de internet.

 

Cando falamos de Vieiros, o pasado 31 de xullo, dixemos que a información progresista perdía posicións, o que constitúe una pésima nova tendo en conta o feble entramado informativo dos sectores progresistas e esquerdistas. Non podemos máis que reafirmarnos no dito. A desaparición de A Nosa Terra en papel é sen dúbida un acontecemento negativo, malia que máis dunha vez discrepemos da súa liña editorial. Ó longo da súa dilatada traxectoria, o xornal informou sobre tódolos aspectos da realidade galega dende unha óptica que, a grandes rasgos, podemos calificar de nacionalista e progresista. De feito, o xornal fíxose eco a miúdo, alá polo ano 1919, dos primeiros anceios segregacionistas de Cariño.

 

Hoxe El País recolle unha interesante reportaxe sobre a historia do xornal e as razóns que levan á desaparición da súa edición en papel, que son obviamente de índole económica. Podes consultar a reportaxe aquí:

 

http://www.elpais.com/articulo/Galicia/Nosa/Terra/vuelve/virtual/elpepiautgal/20100901elpgal_13/Tes

 

Nela critícase con contundencia a campaña da Xunta do PP para “cargarse todo lo que tenga que ver con la base del gallego y la cultura gallega”. As mostras desta actitude son diversas, pero mentaremos unha moi ilustrativa: mentres que a Biblioteca do Congreso dos Estados Unidos mantén vivas catro suscricións ó semanario dende o ano 1979, a Xunta e o Parlamento de Galicia cancelaron as súas nada máis chegar Feijóo á Presidencia de Galicia. Todo un exemplo de pluralismo democrático!

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.