O temporal en Cariño: actualización informativa

Share Button

 

Semella que vai remitindo o temporal e sucédense as avaliacións dos danos, as declaracións dos cargos públicos, as actualizacións dos medios de comunicación…

A prensa de hoxe inclúe diversas reportaxes sobre os danos do temporal; é xusto dicir que La Voz de Galicia dun xeito máis equilibrado que na súa edición dixital de onte (a este xornal corresponde a foto que podes ver arriba). Ademais dos xornais, nas edicións dixitais e en papel, tamén a radio e as televisións están moi ó tanto da actualidade informativa. O noso Alcalde, José Luis Armada, foi entrevistado hoxe en Radio Voz.

Tanto na radio como en declaracións a Diario de Ferrol, o máximo responsable municipal destacou que non foi informado oficialmente da visita  do Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez Campana, á nosa localidade. Toda persoa cabal considera que nun sistema democrático o diálogo, a colaboración e o entendemento entre institucións son fundamentais. Polo visto, a Xunta do PP non o entende así e, no seu caso, pode máis o partidismo cutre que a vontade de servir á cidadanía. Non é a primeira vez que sucede, pero teremos ocasión de falar disto no futuro inmediato.

Polo demais, dende primeira hora da xornada de onte a institución municipal púxose a traballar na avaliación dos danos e coa maior vontade de colaboración interinstitucional.

Reproducimos a continuación algúns titulares da prensa de hoxe, coas súas ligazóns correspondentes:

El mar exhibe su arista más feroz

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/11/10/0003_8839734.htm

El "Becky" ocasiona daños cuantiosos en Cariño

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/11/10/00031289394963291121430.htm

El temporal causa importantes destrozos en el puerto de Cariño y la playa de fornos

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/10034-b-noticia

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.