Os Centros de Día na Xunta de Feijóo: privatización e mala xestión

Share Button

Cada día que pasa, o goberno da Xunta de Galicia amosa as súas intencións privatizadoras e o desastre que supón a súa xestión dos servicios básicos.

O Secretario Xeral do PSdeG, Pachi Vázquez, denunciou hoxe que a Xunta ten pechados 21 Centros de Día que deixou rematados o anterior goberno bipartito. Outros 10 si foron abertos, pero privatizándoos.

A web do PSdeG inclúe unha nota explicativa cuia lectura recomendamos vivamente. O listado deses 21 centros debería completarse co de Cariño, que non figura porque non foi financiado integramente pola Xunta, senón que tamén contou con financiamento de Agader e do propio Concello. De tódolos xeitos, sobre centro cariñés xa informamos aquí en varias ocasións e voltaremos a facelo proximamente.

Aquí tes a información á que aludimos:

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=6552

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.