Obradoiros para o comercio

Share Button

O Concello de Cariño vén de anunciar o lanzamento dos Obradoiros para o comercio, unha actividade formativa que inclúe módulos de Visual merchandising, Escaparatismo e colocación do produto e Técnicas de venda e atención ó cliente.

A inscrición ten carácter gratuito, xa sexa para o curso completo ou para módulos independentes. A actividade terá lugar ó longo de cinco sábados en horario de mañá e tarde (de 10 a 14 e de 16 a 20 horas); serán concretamente os días 10, 17, 24 e 31 de outubro e 7 de novembro.

As persoas interesadas deben anotarse na Casa do Concello de 9 a 14 horas ata o día 7 de outubro.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.