Obras na rúa dos Santos

Share Button

O Concello vén de informar, a través da súa páxina web, sobre o avance nas obras que están a realizarse na rúa dos Santos. Os traballos en curso consisten na melloras dos servizos de abastecemento e saneamento, así como na substitución do antigo pavimento de formigón por un novo chan de lousas de granito moreno de 6 centímetros de expesor. Contan cun orzamento de 106.046,60 euros.

Con esta actuación, o Concello prosegue a súa política de mellora das principais rúas de Cariño. Así, os traballos actuais súmanse ós xa realizados nas rúas co Campo, Crecente Veiga, Carme e primeira fase da rúa dos Santos.

Podes consultar aquí a nota informativa difundida polo Concello:

http://www.concellodecarino.com/aodia/nova.php?id=1262  

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.