Pensar dende a esquerda: Barbara Ehrenreich, no Día Internacional da Muller

Share Button

altHoxe, 8 de marzo, é o Día Internacional da Muller Traballadora ou, simplemente, Día Internacional da Muller, porque se hai algo evidente é que as mulleres sempre traballaron e traballan, sexa de maneira remunerada ou non. Lembrar esta data ten hoxe máis sentido que nunca, nuns tempos nos que os dereitos da muller están sendo cuestionados, e nos que o sexo feminino, discriminado ó longo da historia, está padecendo con especial virulencia os efectos da crise sistémica que estamos a vivir.

Dende a Agrupación Socialista de Cariño queremos sumarnos a esta data traendo á nosa web a unha pensadora e un libro seu altamente recomendables.

A editorial Capitán Swing acaba de publicar unha nova edición española de Por cuatro duros. Cómo (no) apañárselas en Estados Unidos, da escritora Barbara Ehrenreich. Para coñecer o seu enfoque e contidos, nada mellor que reproducir a sinopse da propia editorial: Una de las pensadoras sociales norteamericanas más agudas y originales decide ocultarse como trabajadora no cualificada para revelar el lado oscuro de la prosperidad estadounidense, recogiendo sus experiencias en trabajos poco remunerados, como parte de un trabajo de investigación sobre las condiciones laborales de las clases pobres de Estados Unidos.

Millones de estadounidenses trabajan a tiempo completo, todo el año, por un salario miserable. Ehrenreich, inspirada por la retórica liberal que promete que cualquier trabajo puede ser el pasaporte a una vida mejor, decidió experimentar el régimen de vida de estos trabajadores. ¿Cómo puede sobrevivir -y mucho menos prosperar- alguien, por seis dólares/hora? La autora dejó su casa, alquiló las habitaciones más baratas y aceptó cualquier trabajo que se le ofreció. De Florida a Maine o Minnesota, trabajó como camarera de hotel, mujer de la limpieza, auxiliar de enfermería y empleada de Wal-Mart: una odisea penosa, cargada de humor negro y de mil estratagemas desesperadas para sobrevivir en el sufrido terreno laboral norteamericano. Pronto descubrió que ningún trabajo es verdaderamente «no cualificado», hasta las más humildes ocupaciones requieren un agotador esfuerzo mental y muscular. Y que un solo puesto de trabajo no es suficiente para salir adelante”.

Barbara Ehrenreich é unha ensaísta e activista social estadounidense. Doutora en bioloxía, pertence ó partido socialdemócrata de América e ten sido columnista nos principais medios do país. O libro que agora publica en castelán Capitán Swing publicouse no seu país en 2002 e convertíuse axiña nun éxito en vendas; ó ano seguinte a editorial barcelonesa RBA publicou a primeira edición en castelán.

Con esta novidade editorial, Capitán Swing reafírmase como un referente imprescindible na publicación de pensamento de esquerdas: libros cun excelente deseño e con enfoques de notable orixinalidade e calidade. Abonda mentar algúns dos seus recentes éxitos editoriais, como Chavs. La demonización de la clase obrera de Owen Jones, Sociofobia. El cambio político en la era de la utopía digital de César Rendueles ou a reedición de La formación de la clase obrera en Inglaterra de Edward P. Thompson.

En 2003, Soledad Gallego-Díaz publicou en El País unha boa reseña do libro:

http://elpais.com/diario/2003/03/22/babelia/1048292231_850215.html

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.