Reunión de Pilar Cancela coas agrupacións socialistas do Ortegal

Share Button

altEste venres pasado a Secretaria de Organización do PSdeG, Pilar Cancela, reuníuse en Cariño coas agrupacións socialistas do Ortegal. A cita, que deu comezo ás sete da tarde e tivo lugar no local da Agrupación Socialista de Cariño, contou coa asistencia de militantes das agrupacións de Cariño, Cedeira, Cerdido, Mañón e Ortigueira. A reunión celebrouse a instancias de Pilar Cancela, quen explicou que coa súa visita ó Ortegal daba comezo a unha rolda polas comarcas galegas para reunirse coa militancia.

A de Cariño foi unha xuntanza moi dinámica e participativa, na que a maioría das intervencións tiveron un enfoque de crítica constructiva. Falouse de cuestións organizativas e de funcionamento do partido, da importancia do vindeiro ciclo electoral que dará comezo coas eleccións europeas de maio e virá seguido polas municipais e xerais, e de cuestións máis amplas como o presente e futuro da socialdemocracia. Outro tema moi presente na reunión foi o municipalismo, un ámbito que, como destacou Pilar Cancela, está a verse seriamente perxudicado polas políticas do Partido Popular.

Unha breve crónica da reunión apareceu publicada tamén na web do PSdeG:

http://www.psdeg-psoe.com/2014/03/14/o-psdeg-defende-o-municipalismo-e-demandan-a-xunta-unha-lei-local-que-asegure-a-viabilidade-dos-concellos

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.