Programa para un goberno progresista e reformista

Share Button

Como é ben sabido, os resultados das Eleccións Xerais do pasado 20 de decembro deron lugar a un panorama político complexo, que require pactos e negociacións. Neste contexto, o PP de Mariano Rajoy recoñeceu a súa falta de apoios e renunciou á investidura, o que motivou que o Rei encargase ó socialista Pedro Sánchez a formación de goberno.

O noso partido xa anunciou que non vai eludir a súa responsabilidade e, de feito, xa está inmerso en pleno proceso negociador. A cidadanía pode ter a seguridade de que a nosa organización vai a manter a fidelidade ós seus principios ó longo de toda a negociación. Non en van, o Secretario Xeral comprometeuse a que, de producirse un acordo de Goberno, éste será sometido a consulta entre toda a militancia socialista.

Outra condición ineludible deste proceso é a transparencia. Por esta razón, o noso partido deu a coñecer este luns 8 febreiro o documento de 53 páxinas que está sendo remitido ás restantes forzas políticas para guiar as negociacións. O documento, que leva por título Programa para un gobierno progresista y reformista, estrutúrase en torno a sete grandes eixos ou capítulos, que son: 1) a consolidación dunha recuperación económica xusta e medioambientalmente sostible; 2) a creación de emprego estable e de calidade; 3) un pacto pola educación, a ciencia e a cultura; 4) a redución das desigualdades sociais e o fortalecemento dos sistemas de protección social; 5) a reforma do sistema democrático para reforzar dereitos e liberdades, garantir a igualdade entre homes e mulleres, loitar contra a violencia de xénero e mellorar a calidade das institucións e a loita contra a corrupción; 6) potenciar o papel de España na Unión Europea e na política exterior; e 7) reformar a Constitución para asegurar eficazmente os dereitos sociais e mellorar a organización territorial do Estado dende unha perspectiva federal.

Con esta proposta, ademais, o noso partido pon o énfase nas políticas e non no reparto de cargos, que entendemos só debe abordarse cando exista un acordo programático de mínimos. Podes descargar o documento íntegro aquí.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.