Xa está aquí o Entroido 2016

Share Button

Arranca o programa deste Entroido 2016, unha das celebracións con máis tradición e mellor acollida entre a cidadanía cariñesa.

Este sábado 6 de febreiro ás 17 horas, no Local Social da Casa do Concello, ofrece un concerto a Rondalla de Cariño, que servirá para despedir á súa Madriña de 2015 e dar a benvida á súa Madriña para este ano 2016. O resto das actividades programadas para esta tarde na carpa da Praza Roxa (degustación de chaolas a partir das 17 horas e Discomovil MAC a partir das 23:30) están pendentes da climatoloxía. Agardamos que podan celebrarse.

O domingo 7 de febreiro ás 17 horas terá lugar o Desfile de Entroido amenizado pola Batería de Cariño e que sairá do Pavillón Municipal como é habitual. A organización establece diversos premios para grupos e concursantes individuais ou parellas que inscribiron a súa participación antes deste venres 5 de febreiro a mediodía. A bases do desfile están dispoñibles na web do Concello de Cariño. A noite estará amenizada, a partir das 23 horas, por DJ Party.

Finalmente o luns 8 de febreiro contará, entre as 17 e as 20 horas, con animación infantil con hinclables, obradoiros de globoflexia, maquillaxe e tatuaxes, e bailes con mascota Disney. A partir das 23:30 horas estará novamente na Praza Roxa Discomovil MAC.

Dende aquí queremos expresar o noso recoñecemento á Comisión organizadora e ó Concello de Cariño por este programa de entroido, ó tempo que desexamos que a meteoroloxía permita desenvolvelo na súa totalidade. Agardamos que desfrutedes destas datas.

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.