Segundo Plan E: centro social en Feás e outras inversións

Share Button

Recentemente aprobáronse no pleno municipal as inversións que o Concello de Cariño prevé realizar con cargo ó segundo Plan E, impulsado polo Goberno de España que dirixe o Presidente Rodríguez Zapatero. Ó noso Concello correspóndelle unha cifra próxima ós 470.000 euros.

 

A inversión máis relevante é a construcción dun local social na parroquia de Feás, cun presuposto de 150.000 euros. Con esta actuación, o Concello pretende seguir mellorando a dotación de infraestructuras socioculturais nas parroquias. Este local social en Feás trátase, sen dúbida, dunha obra moi necesaria.

 

Outros 132.600 euros destinaranse ó aforro enerxético nas instalacións do alumado municipal, mediante un regulador de fluxo e luminarias eficientes. Nunha liña similar, cun presuposto de 126.394 euros, prevese acometer a instalación dun sistema de telexestión e aforro enerxético nos alumados do Campo, Castro e o centro do casco urbán cariñés. Por último, preto de 60.000 euros servirán para a instalación dun sistema de videovixiancia e protección das instalacións deportivas municipais e das instalacións anexas de enerxía solar términa e fotovoltaica.

 

Para completar esta información:

 

– Nova publicada en La Voz de Galicia:

http://www.lavozdegalicia.es/ferrol/2010/02/05/0003_8274427.htm

 

– Páxina web municipal:

 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.