Un pacto polo territorio: acto en Santiago

Share Button

Por segundo día consecutivo, o noso Alcalde José Luis Armada estivo hoxe en Santiago de Compostela. Onte participou na Asamblea do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar. Hoxe asistíu ó acto de presentación do documento Pacto polo Territorio. Bases e propostas, elaborado polo PSdeG-PSOE e cuias liñas xerais foron explicadas polo noso Secretario Xeral Pachi Vázquez.

 

Este documento recolle as principais propostas do noso partido encamiñadas á elaboración dunha nova Lei do Solo. Pachi Vázquez defendeu a creación dunha Comisión Permanente no Parlamento e subliñou a vontade de diálogo do noso partido para acadar un consenso entre as tres forzas parlamentarias.

 

Vázquez mentou no seu discurso ó Cabo Ortegal como un dos exemplos da riqueza natural de Galicia.

 

Podes ler un resumo da súa interesante intervención aquí:

 

http://www.psdeg-psoe.org/noticia.php?idnoticia=5410

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.