Un ano, 201 entradas

Share Button

O noso partido é pioneiro, no ámbito da política municipal cariñesa, no emprego de internet. De feito, somos a única forza política que conta con web oficial. A nosa páxina naceu na primaveira de 2003 e dende entón -de xeito ininterrumpido- vimos estando presentes na rede, co dominio www.psoecarino.org

Sen embargo, hai un ano demos un paso importante ó adoptar un formato máis dinámico e asumir o compromiso de actualizar con frecuencia a páxina principal. Comezamos esta nova etapa o 21 de setembro de 2009 e, un ano despois, a páxina contabiliza un total de 201 entradas ou posts, nos que temos tratado cuestións de actualidade, recomendado lecturas e, sobre todo, informado sobre a política municipal. Todos estes contidos atópanse dispoñibles na páxina e podes consultalos a través do menú da parte inferior desta páxina principal.

O traballo levado a cabo durante este último ano é para nós motivo de satisfacción. Polo demais, temos a firme intención de seguir mellorando e facendo día a día unha web da que tódalas persoas que cremos en Cariño e/ou nos valores socialistas poidamos falar con orgullo. ¡Gracias por visitarnos e por darnos forzas para seguir!

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.