Un gran día para Cariño: inaugurada a piscina municipal

Share Button

Onte foi un día importante para Cariño. Inaugurouse a piscina municipal. O acto contou coas intervencións do noso Alcalde, José Luis Armada, e do Presidente da Deputación, Salvador Fernández Moreda. Asistiron boa parte dos membros da Corporación. Un amplo número de cariñeses e cariñesas de tódalas idades achegáronse ó longo de toda tarde a visitar as instalacións.

O comentario xeralizado foi de ledicia e satisfacción coas novas instalacións, que puideron contemplarse a pleno funcionamento. Tanto a piscina principal como a infantil estaban chegas de auga, o jacuzzi funcionando, ó igual que a sauna, a aromaterapia… Son unhas instalacións das que as xentes de Cariño podemos sentirnos orgullosas. Se ben o emprego de enerxías renovables -unha aposta particular do goberno municipal cariñés- asegura a súa sostenibilidade, o noso reto como cidadanía é coidalas e facer un uso respetuoso das mesmas.

A intención do Concello é que tódolos servizos da piscina estén funcionando o luns 21 deste mes de marzo. A partir deste martes, en horario de mañá, podes achegarte a solicitar o teu carnet de usuari@, na propia piscina.

Na foto podes ver un detalle da piscina infantil e o jacuzzi. 

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.