Un novo proxecto empresarial en Cariño

Share Button

Galicia Mar Renovables é un proxecto empresarial que, co apoio do Plan Ferrol, pretende desenvolver a patente do enxeñeiro madrileño Julio de la Cruz e poñer en marcha a fabricación en serie de boias que aproveitan a forza das olas para producir electricidade.

 

É para nós motivo de satisfacción informar de que Cariño é o lugar escollido pola empresa para ubicar as súas instalacións, que, situadas na zona portuaria, contemplan na súa fase industrial máis de 12 millóns de euros de inversión e a creación dunha trintena de empregos. A fase de desenrolo de I+D+I, xa moi avanzada, conta con máis de catro millóns de euros de inversión.

 

O Presidente de Portos de Galicia, José Manuel Álvarez-Campana, estivo onte en Cariño, onde anunciou que dito organismo está tramitando unha concesión á empresa na zona portuaria. Tanto o noso Alcalde José Luis Armada como o Patrón Maior da Cofradía aproveitaron para demandarlle ó Presidente de Portos diversas melloras e inversións na zona portuaria.

 

O noso Alcalde confirmou ademais o apoio do Concello de Cariño a esta iniciativa empresarial que, entre outras cousas, é plenamente coherente coas políticas de sostenibilidade defendidas e impulsadas polo noso partido.

 

Hai xa moitos anos que no PSOE cariñés falamos de desenvolvemento sostible, de enerxías alternativas ou de saúde medioambiental. O noso Alcalde reafirmou esta aposta na entrevista publicada días atrais no Suplemento Promocional sobre Turismo que saíu en La Voz de Galicia, entrevista que podes ler nesta mesma páxina. Actualmente o Concello atópase con proxectos en curso que suporán uns ingresos ou aforro anuais duns 180.000 euros. Estase impartindo tamén un curso de enerxía solar térmica, no que se forman 18 persoas. Esta nova iniciativa consolídanos como un Concello pioneiro no ámbito das enerxías renovables e a sostenibilidade.

 

Diario de Ferrol faise hoxe eco desta nova. Podes atopala aquí:

 

http://www.diariodeferrol.com/index.php/periodico-impreso/ferrol/2685-noemi-coruna

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.