www.psoecarino.org, outro semestre online

Share Button

Acaba de rematar o primeiro semestre do ano. Para esta páxina web, foron seis meses intensos e dinámicos que serviron para consolidar a presenza do proxecto socialista cariñés en internet. Este percorrido iniciouse na primaveira de 2003 e dende entón o dominio www.psoecarino.org mantense en funcionamento de xeito ininterrumpido. O 21 de setembro de 2009 esta páxina adoptou o seu formato actual e, dende entón, mantemos unha media de varias actualizacións por semana. Acumulamos dende esa data un total de 389 entradas nesta páxina principal; na opción Buscar do Menú principal podes facer búsquedas no texto das mesmas e rastrexar os temas que che interesan.

O primeiro semestre deste ano 2011 estivo marcado polas eleccións municipais, que como é lóxico contribuíron a imprimir un notable dinamismo á páxina e a un incremento relevante no número de visitas. Nestes primeiros 181 días do ano subimos a esta páxina principal un total de 126 entradas, que supoñen unha media dunha entrada cada 1’43 días. Estas 126 entradas suman un total de 36.680 palabras e 88 imaxes.

A maior parte das entradas do semestre (85) versaron sobre política municipal e temas locais en xeral. A esta cifra temos que engadir as 10 entradas que adicamos especificamente á reivindicación das melloras na consulta de pediatría. Adicamos un total de 11 entradas a recomendar artigos de opinión e comentar cuestións culturais ou de política nacional. Outras 5 entradas adicámolas á política autonómica e comarcal. Por último, a nosa sección de suxerencias mereceu 10 entradas, mentres que outras 5 adicámolas a comentar aspectos relacionados con esta páxina web e o seu funcionamento.

O incremento no número de visitas é tamén reseñable. Iniciamos o ano 2011 cunha media diaria de 63 visitas únicas ou usuari@s individuais no mes de xaneiro e rematamos o semestre coa media situada en 95, rexistrando máximos en abril (116) e maio (108); a media de todo o semestre sitúase en 90 visitas ou usuari@s individuais por día. Nos dous días escasos que levamos de xullo, a cifra sitúase en 103. No que atinxe a totais mensuais, os meses cun maior número de páxinas vistas foron abril e maio, con 15.482 e 20.557 respectivamente.

Na Agrupación Socialista de Cariño valoramos positivamente estas cifras. En xeral, este resumo de estatísticas amosa que un número crecente e significativo de persoas visita asiduamente a nosa web e considera interesante a información que nela se ofrece. Asumimos, pois, que a cidadanía valora este esforzo e cremos que paga a pena mantelo. Tralas eleccións do 22-M, no socialismo cariñés estamos comezando unha nova etapa; temos a convicción de que esta páxina pode xogar un papel importante no éxito da mesma.

Estamos preparando contidos que iremos subindo nas vindeiras semanas. Actualmente temos tamén en funcionamento o noso perfil en Facebook. En boa medida, a laboura de recomendar artigos de opinión ou ligazóns de interese facémola agora dende alí. Se estás interesad@ en recibir información e aínda non figuras na nosa lista de amig@s, podes enviarnos unha solicitude de amizade; o nome do noso perfil é Psoe Cariño.

 

Esta entrada foi publicada en Actualidade. Garda a ligazón permanente.